Ramon Llull

Audiovisual IRU, SL. Conselleria de Turisme. Govern de les Illes Balears.

O contorno web RUTAS RAMON LLULL, do Ministerio de Cultura, introdúcete na vida e obra dese gran sabio mallorquino da Baixa Idade Media. Ramon Llull (Raimundo Lulio) foi un pensador audaz, un místico fervente e un precursor en diversos campos do coñecemento. Este escritor prolífico (atribúenselle 265 libros) viaxou incansablemente por Europa, norte de África e Asia Menor.

Seguindo os seus pasos, axudámoste a deseñar a túa propia viaxe. Descubrirás un personaxe sorprendente, un verdadeiro pioneiro do seu tempo.

 

Ramon Llull ante o apóstolo Santiago. Breviculum, I. Thomas le Myésier, 1325.

Ramon Llull e o camiño de Santiago

Ramon Llull peregrinou, en 1265, dende Mallorca ata Santiago de Compostela. Non se sabe de certo se o fixo a través do Camiño catalán dende Barcelona, ou ben polo Camiño francés dende o mosteiro de Rocamadour (preto de Burdeos) a onde acudiu ese mesmo ano. Despois desprazouse ata Barcelona para volver finalmente a Mallorca. Durante esta viaxe consolidou a decisión de dar un xiro radical a súa vida.

Ramon Llull discutindo sobre os seus libros con Thomas le Myésier. Breviculum, XI. Thomas Le Myésier, 1325.

Ramon Llull, precursor

Hoxe en día Ramon Llull é visto, non só como o gran teólogo, filósofo, científico e escritor que foi, senón tamén como un dos precursores dunha vontade europeísta e universalista que propugna a razón e o diálogo como únicas vías para conseguir a verdade e a paz. Aprendeu árabe, lingua na cal escribiu algunhas das súas obras, e fundou unha escola de linguas en Mallorca, consciente da diversidade lingüística e cultural do seu contorno.