Cambio radical
Aos trinta anos de idade experimenta, en poucos días, cinco visións consecutivas de Cristo crucificado que o impresionan fortemente. Entón decide realizar un cambio radical. En 1262 abandona a vida mundana e a familia para dedicarse con entusiasmo ao estudo, á espiritualidade e á predicación.
Marca tres obxectivos: converter aos «infieis», escribir libros e conseguir o apoio de papas e reis. En 1265, despois dunha peregrinación ao santuario de Rocamadour (Francia) e a Santiago de Compostela, inicia un período de nove anos (ata 1274) de formación intelectual e lingüística en Mallorca. O desexo de convencer aos que el chama infieis, lévao a aprender árabe, lingua que lle ensina un escravo sarraceno que acaba suicidándose.