Ramon Llull

Usa este espazo para compartir obras gráficas: debuxos do natural, fotos e composicións, interpretacións de figuras lulianas ou de gravados antigos, combinacións de palabras e imaxe, etc.

Podes colgar na rede as túas obras e ver as que colgaron os demais. Ver mais...Ocultar texto...

Participa!

Falar de Ramon Llull é facelo tamén do seu universo gráfico. Por un lado están as diversas figuras xeométricas que incluíu nos seus libros. Trátase, sobre todo, de círculos destinados á práctica e ensino dos razoamentos lóxicos ideados por el (o Ars); resultan crípticas para os profanos e, porén, sorprenden polo seu fermoso deseño que recorda o universo gráfico. Por outro lado está a abundante iconografía creada ao redor da figura de Llull despois da súa morte: miniaturas, gravados, cadros, estatuas, etc. Destacan as imaxes do Breviculum, editado por Thomas Le Myésier en 1325, un conxunto de doce atractivas viñetas a toda cor que narran a súa vida e que foron cualificadas como o «primeiro cómic da historia» .

A iconografía sobre Ramon Llull tamén se nutre das paisaxes dos lugares que visitou e que podemos visualizar a través de fotografías actuais ou de gravados antigos: mosteiros, igrexas, castelos, prazas, xardíns e contornos naturais, e sitios nos cales podemos captar aínda a forza espiritual que impregnou a súa vida.

Que che inspiran as imaxes relacionadas con Ramon Llull? Debuxa, pinta ou deseña a túa obra e compártea na rede. Todo vale: debuxo, pintura, colaxe, fotografía tratada, vídeos caseiros, etc. Podes completar a túa obra con palabras (de Ramon Llull ou túas) e con música (medieval ou actual).

Ramon Llull dibuixat
Cristina
Ramon Llull a pinzell
Cristina
Arbor Scientiae praesens
Mark
Te mando al pasado
Mobilcreator
De vacaciones con Llull 2
Mobilcreator
De vacaciones con Llull 1
Mobilcreator
Bon profit
Mobilcreator