Europa e o Mediterráneo

Entre os séculos XIII e XIV, falar de Europa e do Mediterráneo significaba falar da case totalidade do mundo coñecido. Ramon Llull, viaxeiro incansable, visitou e viviu en numerosas cidades do sur de Europa, así como nas costas mediterráneas de África e de Asia Menor. Os seus obxectivos de viaxe eran diversos: peregrinación, petición de apoios papais e rexios para o seu proxecto misional e posta en práctica da súa dialéctica predicadora. Este «catalán de Mallorca» (como lle gustaba chamarse) percorreu máis de medio mundo, sempre cos seus libros ao lombo e sen deixar de escribir. O costume de poñer nas súas obras a data e o lugar de remate das mesmas permitiu aos estudosos trazar (aínda que con diversas lagoas) os itinerarios do «Doutor Iluminado».

 

Citas de Ramon Llull

 
«O home avaro non ten nada»
 

Mensaxes sobre Ramon Llull

 
Ramon Llull foi considerado o artífice do catalán literario.
 

Últimas creacións