Europa e o Mediterráneo

 

Lión

RAMON LLULL EN LIÒN

Na segunda metade do ano 1305 Ramon Llull acode a Lión para asistir á coroación do novo papa Clemente V. Entrevístase con el en decembro do mesmo ano; o seu desexo é convencelo da necesidade de organizar unha nova cruzada. O rei de Cataluña e Aragón, Xaime II o Xusto, que apoia a iniciativa de Llull e que o acompañou, fixera chegar previamente ao santo pai un exemplar do Liber de fine, o libro no cal se detalla o proxecto da expedición. Mentres tanto, en novembro, Llull iniciara en Lión a escritura do seu Ars generalis ultima. 

 

LIÓN, ENTÓN E AGORA

Lión é a capital do departamento do Ródano e está situada na confluencia dos ríos Saona e Ródano, nun importante nó xeográfico que comunica París con Marsella, Italia e Suíza. Fundárona os romanos co nome de Lingdunum no 43 a.C. Despois da caída do Imperio Romano, ocupárona os hunos e os visigodos e formou parte dos reinos burgundio, carolinxio, lotarinxio e de Borgoña-Provenza para, en 1302, pasar ao Sacro Imperio Romano-Xermánico. No século XIII a burguesía puxo a cidade baixo a protección do rei de Francia, conseguindo gran prosperidade a partir do século XIV grazas á industria da seda e á celebración periódica de importantes feiras.

 Ademais dos restos da cidade romana no outeiro da Fourvière, que inclúen un teatro, Lión conta con importantes monumentos da Baixa Idade Media: o Vieux Lyon (barrio medieval e renacentista), a catedral de Saint-Jean (séculos XII-XV), e as igrexas de Saint-Martin-d’Ainay (século XII) e de Saint-Bonaventure (séculos XIV-XV). En 1998, a Unesco declarou o centro histórico de Lión Patrimonio da Humanidade.

 

Citas de Ramon Llull

 
«Non vivas dos demais e vivirás libre»
 

Mensaxes sobre Ramon Llull

 
Ramon Llull viaxou ás principais cidades do Mediterráneo e alí entrevistouse cos papas e reis da época.
 

Últimas creacións