Europa e o Mediterráneo

 

Messina

RAMON LLULL EN MESSINA

En maio de 1313, un octoxenario Ramon Llull embarca dende Mallorca ata Messina (Sicilia). Visita a Federico II, rei da illa, ao cal dedicara o libro De novo modo demostrandi. O rei Federico, irmán do rei de Aragón e cuñado dos de Mallorca e de Nápoles, era visto polos espiritualistas franciscanos (con Arnau de Vilanova á cabeza) como un líder soñador, proclive ás aventuras de conquista espiritual alén dos mares. Llull permanece un ano en Messina (ata maio de 1314), en cuxa corte real se respira un ambiente culto, teolóxico e místico. Non obstante, a axuda tanxible que recibe do rei de Sicilia para os seus propósitos misionais será máis ben escasa. A pesar da súa avanzada idade, Llull vive en Messina un período de intenso traballo durante o cal se empeña en predicar aos xudeus da cidade e escribe nada menos que trinta e oito obras, entre elas: Llibre de consolació d’ermità; tamén prepara a que será a súa derradeira misión en terras africanas. 

 

MESSINA, ENTÓN E AGORA

Messina, chamada «a porta de Sicilia», é a capital da illa. Está situada xunto ao estreito do mesmo nome que a separa da península itálica. No ano 468 os vándalos arrebataron a cidade aos romanos; despois conquistárona os ostrogodos, Belisario, os árabes (842) e os normandos (1060). No alzamento das Vésperas Sicilianas (1282) a cidade pasou a mans de Pedro II de Cataluña e Aragón. Foi, xunto con Palermo, o centro principal da administración catalá no Reino de Sicilia, que comprendía a maior parte do sur de Italia. Naquel período o porto de Messina, capaz de albergar seiscentos barcos, viviu un período de gran prosperidade.

 En Messina consérvanse algunhas necrópoles romanas, así como diversos templos cristiáns; entre eles a catedral ou duomo de Santa Maria Assunta (bizantina, reconstruída no século XII) e a igrexa de l’Annunziata dei Catalani (século XII), edificada sobre un templo de Neptuno). A maioría dos monumentos de Messina tivéronse que reconstruír despois dos terremotos de 1783 e de 1908 (seguido este dun devastador tsunami que destruíu a cidade case por completo) e dos bombardeos de 1943.

 

Citas de Ramon Llull

 
«Quen ten moitos amigos ten moitas e grandes riquezas»
 

Mensaxes sobre Ramon Llull

 
Ramon Llull peregrinou a Santiago de Compostela en 1265, con 33 anos de idade.
 

Últimas creacións