Mosteiro da Real

RAMON LLULL NA REAL

Ramon Llull efectuou diversas estancias no mosteiro de Santa Maria ou de San Bernat da Real, que posuía unha biblioteca notable. Entre 1265 e 1269, os frades vitorianos da Real aconséllanlle a lectura de San Anselmo e de San Agustín, abríndose nel o espírito de contemplación, a especulación doutrinal e as ansias de apostolado e de martirio. En 1274 permaneceu alí unha longa temporada e escribiu diversos libros importantes: Art abreujada d’atrobar veritat (primeira versión da ‘Arte’), Llibre d’Ave Maria e o Llibre del Gentil i dels tres savis. No seu testamento, Ramon Llull doou a súa biblioteca persoal ao mosteiro da Real.

DESCRICIÓN

O mosteiro de Santa Maria da Real atópase ao norte da cidade de Palma, nun lugar onde a tradición sitúa o campamento das hostes do rei Xaime I nas semanas previas ao asalto á Madina Mayurqa musulmá. Trátase dun antigo mosteiro cisterciense, situado entre as estradas de Establiments e de Valldemossa. Fundouno o abade de Poblet (Cataluña) en 1239, pero non foi ata 1266 cando pasou á súa localización actual. Foi un mosteiro moi importante: o abade da Real ocupaba a segunda cadeira do Capítulo, despois do bispo. En 1835 os cistercienses abandonaron o mosteiro e en 1897 establecéronse nel os Misioneiros do Sagrado corazón, os cales crearon a valiosa Biblioteca Balear.

A igrexa é de estilo cisterciense (século XIII) con engadidos do XVII. O claustro é dos séculos XV e XVIII. Tamén se conserva a sala capitular. Hai que facer referencia, no centro do claustro, a unha estatua de Ramon Llull, obra de Andreu Orell Salvà (1952), suxeitando o Llibre d’Ave Maria

RECOÑECEMENTO PATRIMONIAL

BIC (Ben de Interese Cultural).

 

Citas de Ramon Llull

 
«O home larpeiro, cando non come chora e cando comeu arrepíntese»
 

Mensaxes sobre Ramon Llull

 
Ramon Llull está enterrado na basílica de Sant Francesc, en Palma (Mallorca).
 

Últimas creacións