Ramon Llull

Falar de Ramon Llull é facelo tamén do seu universo gráfico. Por un lado están as diversas figuras xeométricas que incluíu nos seus libros. Trátase, sobre todo, de círculos destinados á práctica e ensino dos razoamentos lóxicos ideados por el (o Ars); resultan crípticas para os profanos e, porén, sorprenden polo seu fermoso deseño que recorda os mandalas budistas (http://quisestlullus.narpan.net/esp/81_brev_esp.html). Por outro lado está a abundante iconografía creada ao redor da figura de Llull despois da súa morte: miniaturas, gravados, cadros, estatuas, etc. Destacan as imaxes do Breviculum, editado por Thomas Le Myésier en 1325, un conxunto de doce atractivas viñetas a toda cor que narran a súa vida e que foron cualificadas como o «primeiro cómic da historia» (http://www.lullianarts.net/miniatures/index.HTM).

A iconografía sobre Ramon Llull tamén se nutre das paisaxes dos lugares que visitou e que podemos visualizar a través de fotografías actuais ou de gravados antigos: mosteiros, igrexas, castelos, prazas, xardíns e contornos naturais, e sitios nos cales podemos captar aínda a forza espiritual que impregnou a súa vida.

Que che inspiran as imaxes relacionadas con Ramon Llull? Debuxa, pinta ou deseña a túa obra e compártea na rede. Todo vale: debuxo, pintura, colaxe, fotografía tratada, vídeos caseiros, etc. Podes completar a túa obra con palabras (de Ramon Llull ou túas) e con música (medieval ou actual).

Esta será usado debaixo da imaxe para indicar o autor do post
O seu correo electrónico non será usado en calquera lugar da rede.
Tamaño máximo: 20 MB
Tipos permitidos de arquivos: png gif jpg jpeg
Subida da súa imaxe aquí
Deixe a súa descrición aquí!
Image CAPTCHA
Introduza os carácteres mostrados na imaxe.