Europa e o Mediterráneo

Rocamadour

Ròcamador en occitano

Javascript is required to view this map.

Como chegar

AIRE

  • Aeroporto de Bordeaux (Bordeos)
  • Aeroporto de Toulouse - Blagnac

TERRA

  • Rocamadour está situado a uns 250 km ao leste de Bordeos, dende onde parten as estradas A-89, A-20 (l’Occitane), D-23 e D-673
  • Tamén é posible acceder a Rocamadour dende Tolosa cara ao norte (200 km aproximadamente), polas estradas A-62, A-20 (l’Occitane), D-39 e D-32

Moeda

euro

Onde durmir

Oficina de turismo

Office de Tourisme Souillac, Rocamadour, Padirac, Gramat; tel. (+33) 05 65 33 22 03 ; sejour@rocamadour.org y stp@tourisme-souillac.com

Que visitar

Monumentos

Vila, fortaleza e complexo relixioso de orixe medieval onde se conservan sete santuarios; entre eles:

  • Capela de Notre-Damme (dedicada á Virxe Negra)
  • Igrexa de Saint-Amadour
  • Basílica de Saint-Saveur
  • Capela de Saint-Michel

 Museos

  • Museo des Arts Sacrés, no antigo palacio episcopal; reúne as obras de arte relixiosa máis notables de Rocamadour

 Ademais…

  • Unha escaleira de 216 chanzos permite acceder á parte alta de Rocamadour, un espléndido miradoiro sobre o canón do río Alzou
  • Na cova des Merveilles pódense admirar pinturas rupestres de 20.000 anos de antigüidade
  • Parque Natural Rexional de Causses du Quercy; posúe un notable patrimonio etnolóxico rural de pedra seca que inclúe muros e cabanas
  • Arquéosite de Fieux en Miers (localidade próxima): parque didáctico sobre a vida dos homes primitivos
  • Centro acuático recreativo en Gramat (localidade próxima)

Ten en conta

  • Rocamadour é o segundo lugar máis visitado de Francia (despois do Mont Saint-Michel), con máis dun millón de visitantes ao ano
  • Rocamadour dálle nome a un delicioso queixo de cabra con denominación de orixe
  • En xuño celébrase a Festa do Queixo Rocamadour
  • Hai visitas guiadas diarias, de 1h 45’ de duración (tamén para escolares): http://www.rocamadour.com/

Máis información

 
 

Citas de Ramon Llull

 
«O home orgulloso non se coñece a si mesmo nin aos demais»
 

Mensaxes sobre Ramon Llull

 
Ramon Llull foi considerado por algúns un alquimista, unha ciencia medieval que el nunca practicou.
 

Últimas creacións