Viaxeiro

Ramon Llull diríxese a Tunes. Breviculum, IX. Thomas le Myésier, 1325.. Breviculum, IX. Thomas le Myésier, 1325.

Viaxou a numerosos lugares do Mediterráneo, nuns tempos en que, a pesar das cruzadas e conquistas violentas, os intercambios comerciais e culturais permanecían moi activos entre as dúas beiras. Visitou diversas cidades dos actuais territorios de España, Francia, Italia, Tunes, Turquía, Alxeria, Chipre e probablemente Israel. A profusión das súas viaxes non deixa de sorprendernos, tendo en conta os medios de transporte da época.

A súas viaxes tiñan basicamente tres obxectivos: conseguir de reis e papas fondos e medios materiais para a súa tarefa misional, difundir o seu Ars ou método filosófico e teolóxico e finalmente convencer aos «infieis» dos seus erros. En todas as partes identificábase como «catalán de Mallorca».

 

Citas de Ramon Llull

 
«O home avaro non ten nada»
 

Mensaxes sobre Ramon Llull

 
Ramon Llull peregrinou a Santiago de Compostela en 1265, con 33 anos de idade.
 

Últimas creacións