Viaxes, libros e un obxectivo

Ramon Llull predica aos musulmáns en Tunes. Breviculum, IX. Thomas le Myésier, 1325.

A súa vida está chea de viaxes por Europa e o Mediterráneo, que emprende para convencer a prohomes, reis e papas da necesidade de debater (máis que de combater) cos non crentes para achegalos á fe cristiá. Percorre case todo o mundo daquela coñecido, acode a diversas universidades europeas e desembarca algunhas veces nas costas africanas coa intención de disputar cos teólogos musulmáns e poñer a proba a súa metodoloxía.

Entre 1287 e 1293 visita Montpelier, París, Roma, Xénova e, segundo algunhas fontes, tamén Perpiñán, Al-Ándalus, Ceuta e Exipto. No Liber contra Antichristum rebate as teses dos que anuncian a apocalipse para o cambio de século. En 1311, a súa tarefa intelectual e apostólica recibe a aprobación do concilio ecuménico celebrado en Viena do Delfinado (Francia). Así e todo, desengánase dos príncipes e sabios cristiáns e, sobre todo nos últimos anos, séntese moi só.

De feito, propúxose un traballo grandioso e probablemente imposible: edificar unhas novas bases do saber humano segundo a Arte ideada por el e difundilas por todo o orbe. Atribúeselle a autoría de 265 libros, que testemuñan o esforzo dun home sabio e entregado á causa de Deus. 

 

Citas de Ramon Llull

 
«Quen non se ten a si mesmo é moi pobre»
 

Mensaxes sobre Ramon Llull

 
Ramon Llull tiña unha vitalidade extraordinaria: viviu máis de oitenta anos e escribiu máis de 250 libros.
 

Últimas creacións