Europa e o Mediterráneo

Buxía

Béjaïa en árabe; Bougie en francés; Bgayet ou Vgaiet en bérber

Javascript is required to view this map.

Como chegar

AIRE

Aeroporto internacional de Bejaïa-Soummam-Abane Ramdane

Aeroportos próximos:

  • Aeroporto Houari Boumediene de Alxer
  • Aeroporto Annaba-Rabah Bitat
  • Aeroporto de Constantine

 MAR

  • porto de Buxía é o segundo de Alxeria, despois do de Alxer

 TERRA

  • Tren: comunicación con Alxer, a 175 km de distancia

Moeda

dinar alxeriano

Onde durmir

Que visitar

Monumentos

  • Fort Moussa ou Barral
  • A Cashba
  • Porta Sarracena
  • Porta do Mar
  • Mesquita de Sidi Soufi
  • Acueduto de Toudja

 Ademais

  • Praza 1 de Novembro de 1954
  • Praia das Aiguades (topónimo de orixe catalá)
  • estuario do río Soummam, que desemboca en Buxía
  • Parque Nacional de Gouraya, montañoso e costeiro, con grandes bosques (preto): www.png-dz.net
  • As proximidades de Buxía presentan un magnífico litoral mediterráneo que constitúe un enorme potencial turístico

Ten en conta

  • Buxía é cidade portuaria, industrial e universitaria, cunha poboación de 180.000 habitantes
  • Presenta un gran dinamismo cultural (dez asociacións culturais), especialmente como capital da rexión da Cabilia, de maioría bérber ou amazig>
  • O aceite de oliva é o produto local agrario máis apreciado, xuntamente coa apicultura e os figos
  • Buxía goza dunha importante tradición musical, con importantes artistas locais que fusionan o folclore cabilo e o rock. No verán ten lugar un festival anual de música amazig
  • A cociña da Cabilia é a típica bérber. Algunhas receitas típicas son: aghroum, tamtunt, tikourbabine, couscous, chorba, timsemnin

Máis información

 
 

Citas de Ramon Llull

 
«Fuxe antes do príncipe malo que da serpe»
 

Mensaxes sobre Ramon Llull

 
Ramon Llull foi considerado o artífice do catalán literario.
 

Últimas creacións