Basílica de Sant Francesc

RAMON LLULL NA BASÍLICA DE SANT FRANCESC

Nunha capela da cabeceira da basílica, podemos contemplar o sepulcro onde descansa Ramon Llull. Segundo Gaston Vuiller, o cadáver de Llull xace aquí porque os frades franciscanos o reclamaron ao seu convento pola vinculación de Llull a esta orden, xa que a intención inicial fora a de enterralo na veciña igrexa de Santa Eulàlia, onde descansaban os restos dos seus pais e familiares. 

DESCRICIÓN

Os frades franciscanos edificaron este convento no lugar actual en 1281. A partir do século XIX, realizou funcións de cárcere, de cuartel militar e de Audiencia. No ano 1906 establecéronse nel os franciscanos da Terceira Orde Regular. A igrexa conventual é gótica (1281-1384) e é unha das máis importantes de Palma. O claustro do convento é tamén de factura gótica (séculos XIV-XV) e dunha gran beleza. A fachada da igrexa é do século XVII (1618-1700) e presenta un portal impresionante que supón a culminación do barroco en Mallorca.

O sepulcro de Ramon Llull, traballado en alabastro, é obra de Francesc Sagrera, que o esculpiu en 1487. O sarcófago presenta unha estatua xacente do beato, con dous anxos. Na parte inferior obsérvanse sete espazos baleiros, entre columnas, que estaban destinados a acoller unhas imaxes alegóricas das sete Artes lulianas.

RECOÑECEMENTO PATRIMONIAL

Monumento histórico artístico.

 

Citas de Ramon Llull

 
«O home avaro non ten nada»
 

Mensaxes sobre Ramon Llull

 
Ramon Llull está enterrado na basílica de Sant Francesc, en Palma (Mallorca).
 

Últimas creacións