Unha escola de linguas

Ramon Llull diríxese aos reis cristiáns para pedir o seu apoio. Breviculum, VIII. Thomas Le Myésier, 1325.

En 1275 foi chamado polo príncipe Xaime a Montpelier. Ao ano seguinte, co patrocinio do xa rei Xaime II, asiste á fundación do tan desexado colexio misional, sito no mosteiro de Miramar, en Valldemossa (costa noroeste de Mallorca); de feito, trátase dunha escola integrada por trece frades franciscanos que se dedican á aprendizaxe do árabe e da «Arte luliana».

Tamén efectúa unha longa estancia no mosteiro cisterciense da Real (Palma), onde completa a súa formación e escribe algúns libros. Nas súas obras, Llull utiliza non só o latín, senón tamén o catalá e o árabe, coa vontade de ser lido por un público laico amplo, e non tan só nas universidades, as igrexas e os conventos.

 

Citas de Ramon Llull

 
«Quen non se ten a si mesmo é moi pobre»
 

Mensaxes sobre Ramon Llull

 
Ramon Llull foi visto como un precursor do pensamento combinatorio, básico na informática moderna.
 

Últimas creacións