Político

Ramon Llull entrevístase co Papa. Breviculum, VIII. Thomas le Myésier, 1325.

Era consciente da importancia de buscar a colaboración dos estadistas para o seu proxecto de impulsar a conversión dos «infieis». Busca (e obtén, só en parte) o apoio da coroa de Aragón, do rei de Francia, de diversos papas e doutros mandatarios da época. O seu interese pola política queda plasmado en libros de contido estratéxico relacionados cun proxecto, finalmente frustrado, de cruzada a Terra Santa (como o Liber de fine).

O Llibre de les bèsties (‘Libro das bestas’) constitúe unha sátira sanguenta dos políticos que usan o poder en beneficio propio. Sempre amosou un grande interese polos acontecementos xeopolíticos da súa época, aos cales adaptaba os seus plans de traballo e de viaxe.

 

Citas de Ramon Llull

 
«Fuxe antes do príncipe malo que da serpe»
 

Mensaxes sobre Ramon Llull

 
Ramon Llull naceu en Mallorca tres anos despois da conquista cristiá da illa polo rei catalán Jaime I en 1229.
 

Últimas creacións