Europa e o Mediterráneo

 

Marsella

RAMON LLULL EN MARSELLA

En setembro de 1305 Ramon Llull acode a Marsella para entrevistarse con Arnau de Vilanova, xefe indiscutible dos espiritualistas. Trata de comunicarlle o seu entusiasmo por unha cruzada que desexa organizar segundo as formulacións expostas na súa obra Liber de fine. Probablemente tamén estivo en Marsella no ano 1308 para entrevistarse de novo con Arnau de Vilanova.

 

MARSELLA, ENTÓN E AGORA

Marsella é unha importante cidade portuaria situada no golfo de León xunto á desembocadura do Ródano. Fundada polos gregos ao redor do 600 a.C., tivo o estatuto de cidade libre en época romana. Coa desaparición do Imperio de Occidente pasou a mans, sucesivamente, dos visigodos, os burgundios, os francos e o reino de Borgoña. No século IX foi un vizcondado de Provenza. Máis tarde converteuse nunha comuna que recoñeceu a soberanía do conde de Tolosa e despois de Carlos de Anjou. A súa prosperidade na Idade Media debeuse ás cruzadas, xa que foi porto de paso cara a Terra Santa e África. Incorporouse á coroa francesa en 1481.

Entre os monumentos máis destacados de Marsella, todos eles situados xunto ao porto antigo, cabe citar o teatro e os diques romanos. Polo que respecta aos edificios de factura medieval, están a basílica de Sainte-Marie-Majeur, de estilo románico-bizantino, e a abadía de Saint-Víctor, coa nave dos séculos XII e XIII e a cripta do século V, considerada o lugar de culto máis antigo de Francia e o establecemento monástico máis antigo de Occidente.

 

Citas de Ramon Llull

 
«Ningún tesouro é maior que a verdade»
 

Mensaxes sobre Ramon Llull

 
Ramon Llull foi considerado o artífice do catalán literario.
 

Últimas creacións